A Real Academia Galega de Ciencias e o Concello de Santiago colocaron unha placa homenaxe ao “Científico Galego 2024”, o matemático José Rodríguez, no Parque das Ciencias de Santiago de Compostela, onde a RAGC xa ten homenaxeado a outros científicos e científicas ilustres da nosa comunidade. Asistiron a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; o presidente da RAGC, Juan Lema; a primeira tenente de alcalde do Concello de Lalín, Mari Paz Pérez; xunto a outros académicos e representantes do ámbito político, social e cultural.
Últimas Noticias
Unha exposición no Parlamento Europeo pon o broche ás celebracións do “Matemático Rodríguez” como Científico Galego de 2024
A RAGC e a Xunta convocan os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia (prazo: 30 abril)
A Casa de Galicia en Madrid celebra unha conferencia do catedrático da USC Francisco Díaz-Fierros sobre o “Matemático Rodríguez”
Reunión coa presidenta da Real Academia de Ciencias Exactas
O modernizador da química en Galicia, Fernando Calvet, nomeado “Científico Galego do Ano” pola RAGC