Un total de quince académicas e académicos da Real Academia Galega de Ciencias figuran na lista do 2% de científic@s de maior impacto mundial, a “lista de Stanford”. Trátase de Alicia Estévez, María José Alonso, Ángel Carracedo, Carmen Álvarez Lorenzo, Aníbal Ollero, Juan M. Lema, Herminia Domínguez, Juan J. Nieto, José Rivas, María Loureiro, Pilar Bermejo, Arturo López Quintela, Xosé R. García Bustelo, Marisol Soengas e Luís Liz.
Este ranking, elaborado pola Universidade de Stanford, selecciona o grupo do 2% de persoas investigadoras máis citado en publicacións científicas. A lista, considerada a máis prestixiosa do mundo nesta especialidade, baséase na información recollida na base de datos Scopus e formúlase aplicando distintos parámetros relacionados co impacto das publicacións científicas: número de publicacións, veces que estas foron citadas nos traballos publicados por outros científicos e científicas, outros indicadores do impacto dos seus traballos, así como un indicador final que combina todos os anteriores.