Cruz Gallástegui Unamuno
Día do Científico Galego 2010
Nado en Bergara (Guipúscoa), en 1891. Este veterinario, enxeñeiro agrónomo pola Real Escuela Superior de Agricultura de Hohenheim (Alemaña), xenetista e horticultor, foi pioneiro en toda Europa na mellora e modernización da agricultura galega. Amplía os seus estudos en xenética tanto vexetal coma animal na Bussey Institution da Universidad de Harvard cos doutores East e Castle (ano 1917). Despois traballa na Agricultural Experiment Station de Connecticut e en 1919 prosegue os seus estudos de mellora do millo no Departamento de Mellora Vexetal da Universidad de Cornell.
Regresa a España en 1921 e por medio da Junta de Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas, dirixida en ese momento por D. Santiago Ramón y Cajal, e ca colaboración da Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago, nace a Misión Biolóxica de Galicia e con D. Cruz Gallástegui como Fundador e primeiro Director.
Este centro ten a súa sede inicial na Escuela de Veterinaria, en Santiago de Compostela ata 1926, despois a Escuela sae de Santiago e de Galicia para instalarse en León. En 1927, D. Daniel de la Sota, Presidente da Deputación de Pontevedra cede á Misión a finca da Carballeira de Gandarón, en Salcedo, onde se instalaría definitivamente a MBG e onde continúa na actualidade. Despois da guerra civil, a Misión Biolóxica de Galicia pasa a depender do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).
O seu labor investigadora centrouse na área da xenética vexetal, principalmente no millo e castiñeiro, de capital importancia na alimentación humana e animal da región, e na xenética animal, no gando porcino.
Na mellora xenética do millo conseguiu os primeiros híbridos dobres, convencendo aos agricultores da mellora das súas explotacións co uso deste tipo de millo. Posteriormente creou o Sindicato de Productores de Semillas como proxección social da labor da Misión. Iniciou os traballos de mellora do castiñeiro para obter resistencia á enfermidade da tinta, que asolaba os castiñeiros de Galicia e de Europa. Tamén orientou os seus traballos sobre a selección e nutrición do gando porcino e a creación dunha piara de raza “Large White”, recoñecida internacionalmente. Dirixiu a Misión ata o momento da súa morte, acaecida en 1960.
Coñecedor perfecto do alemán, francés e inglés (pouco habitual en científicos da época) e do euskera materno, galego e español. Membro do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista, foi unha gran personalidade científica nunca cuestionada, que sempre soubo proxectar os seus coñecementos á mellora da agricultura galega.
Pola súa obra científica se lle concedeu a Encomienda de Caballero de la Orden del Mérito Agrícola e a Gran Cruz de Alfonso X el Sabio, recibindo tamén numerosos homenaxes.
PROGRAMA
22 de Abril de 2010
Pazo de San Roque
Santiago de Compostela
19:00 h. | Apertura do Acto Profesor Dr. Ernesto Vieitez Cortizo Presidente da Real Academia Galega de Ciencias |
19:10 h. | Semblanza da familia Prof. Dr. D. César Fernández-Quintanilla Gallástegui Profesor de Investigación Centro de Ciencias Medioambientales (CSIC, Madrid) Neto de D. Cruz Gallástegui Unamuno “A cara humana de Cruz Gallástegui” |
19:40 h. | Conferencia Dr. Amando Ordás Pérez Profesor de Investigación Misión Biolóxica de Galicia (CSIC, Pontevedra) “Gallástegui: O nacemento da xenética en España” |
Documentos
DÍAS DA CIENCIA EN GALICIA