
Premios RAGC-UIE
para Investigadoras e Investigadores Xoves


A Real Academia Galega de Ciencias e a Universidad Intercontinental de la Empresa queren dar recoñecemento público e potenciar as traxectorias de investigadoras e investigadoras xoves pertencentes ás grandes áreas de coñecemento: Ciencias Básicas, Ciencias Técnicas e Ciencias Sociais, que desenvolvan a súa carreira en centros de investigación en Galicia mediante tres premios dotados, cada un, con 5.000 €.
Histórico Premiados
Ano 2024
PINCHAR PARA VER O VÍDEO DO ACTO
1º PremioCiencias Básicas
Beatriz Pelaz García Profesora da Universidade de Santiago e investigadora do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) da USC. O seu traballo céntrase no desenvolvemento de nanomateriais funcionais para a súa aplicación en modelos biolóxicos, co obxectivo de crear unha nova xeración de nanomedicinas máis eficientes. |
![]() Clic para acceder á galería
|
AccésitCiencias Básicas
Susana Ladra González Profesora da Universidade da Coruña e membro do grupo de investigación “Laboratorio de Bases de Datos” na facultade de Informática. Durante os últimos anos foi investigadora do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións -CITIC-. Enfoca o seu traballo ao deseño de algoritmos e estruturas de datos aplicados á recuperación de información e en aplicacións multidisciplinares no campo da bioinformática. |
![]() Clic para acceder á galería |
AccésitCiencias Básicas
Iria Gómez Touriño Profesora da Universidade de Santiago e directora do grupo de investigación “Xenomas e Inmunidade” no Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas -CiMUS- da USC. Estuda os mecanismos moleculares da autoinmunidade e como as moléculas pequenas participan na alteración do funcionamento do sistema inmunolóxico, así como o seu potencial terapeútico. |
![]() Clic para acceder á galería |
1º PremioCiencias Técnicas
Belén Riveiro Rodríguez Profesora na Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo. Investigadora do CINTECX -Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais-, onde forma parte do grupo de investigación “Xeotecnoloxías Aplicadas”. Lidera novidosas liñas de investigación que combinan a enxeñaría estrutural, a teledetección e a intelixencia artificial para a avaliación de estruturas de enxeñaría civil. |
![]() Clic para acceder á galería |
AccésitCiencias Técnicas
Sara González García Profesora de Enxeñaría Química na Universidade de Santiago e investigadora do Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais -CRETUS- da USC. As súas principais liñas de investigación inclúen a economía circular, o estudo das pegadas ambientais e a análise da sustentabilidade; empregando a metodoloxía da análise do ciclo de vida (ACV) en sistemas industriais, agroalimentarios, urbanos e forestais. |
![]() Clic para acceder á galería |
1º PremioCiencias SociaisCristina Gómez Román Profesora de Psicoloxía da Universidade de Santiago. Desenvolve o seu labor no campo da psicoloxía política, a acción colectiva e o comportamento das persoas en contextos de crises sociais e políticas. Investiga ademais sobre problemas ambientais no Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais -CRETUS- da USC, onde coordina o seu programa de Mentores. |
![]() Clic para acceder á galería |
AccésitCiencias SociaisAriadna Monje Amor Profesora da Universidade da Coruña. Lidera diferentes grupos de traballo relacionados co emprendemento -en colaboración cos proxectos GEM en España- e co turismo, realizando tanto investigacións científicas como asesoría para distintas administracións. Realizou estadías de investigación nas universidades de Tesalónica (Grecia) e King’s College London. |
![]() Clic para acceder á galería |
