O académico da RAGC Manuel J. Tello vén de ser recoñecido na XI edición do Premio de Divulgación Científica José María Savirón da Universidad de Salamanca. O xurado destacou as súas casi catro décadas dedicadas a achegar a ciencia ao gran público.
Valorouse a súa prestixiosa, sólida e consolidada traxectoria no ámbito da divulgación científica. Este premio é un recoñecemento á súa preocupación por aproximar a ciencia ao conxunto da sociedade, mantendo o rigor e a calidade das súas actividades, e empregando con este fin todos os recursos e formatos dispoñibles. A súa dedicación divulgadora tivo un alto impacto a nivel nacional, presentando proxectos sostibles no tempo, e nos que ten amosado unha gran implicación en diversos ámbitos da ciencia, destacando o carácter interdisciplinar da súa actividade divulgadora.