O noso compañeiro e académico numerario da sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación da RAGC, Wenceslao González Manteiga, recibiu a Medalla da Sociedad de Estadística e Investigación Operativa – SEIO na cerimonia inaugural dos Premios SEIO-Fundación BBVA. “Temos un mundo inundado de información, todo está milimetrado. Estamos na era da estatística por excelencia”.
O equipo formado por Wenceslao González Manteiga, Manuel Febrero-Bande, Juan A. Cuesta-Albertos e Eduardo García-Portugués foi premiado na categoría de Mellor contribución metodolóxica nol campo da Estatística. Desenvolveu unha nova técnica aplicable á predición de prezos de enerxía, de activos financeiros ou de control de tráfico. Na pandemia por covid-19 empregouse ademais para predicir ingresos hospitalarios.