O académico da RAGC José Luis Mascareñas, catedrático da Universidade de Santiago e investigador principal do Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS), ingresa na Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales (RAC) como académico de número. Incorpórase á sección de Físicas e Químicas.

Para Mascareñas é “un privilexio e unha honra” formar parte do “selecto grupo de académicos numerarios e, ao tempo, unha gran responsabilidade”. A Academia, segundo as súas palabras, “ten sido o fogar de figuras como José Echegaray ou Margarita Salas, así como de galegos ilustres como Parga Pondal. Ademais, terei a honra de compartir espazo con académicos amplamente recoñecidos internacionalmente, como Luis Liz-Marzán, Nazario Martín ou o recentemente galardoado co premio Fronteras del Conocimiento, Avelino Corma”.

Arrow
Share This