Os carteis da exposición “Científicos Galegos 2008-2018”, cedidos pola RAGC, están a ser expostos no IES Manuel García Barros ata o vindeiro luns 6 de maio. Trátase dos carteis adicados a vida dos galegos que dende o 2008 ata o 2018 foron homenaxeados no Día da Ciencia en Galicia. Una fermosa maneira de coñecer aos nosos grandes científicos. A vindeira semana a exposición estará no IES Antón Fraguas, dentro da súa semana da ciencia, e despois no Colexio do Seminario Menor.
