Novas
Infórmate sobre as novas da Real Academia Galega de Ciencias.
O Día da Ciencia en Galicia celébrase mañá venres, 8 de outubro, cun acto central no Salón Nobre de Fonseca de Santiago dedicado á figura de Jimena Fernández de la Vega
Asistirá a presidenta do Consejo de Estado, María Teresa Fernández de la Vega, que é sobriña da homenaxeada e dará unha conferencia sobre ela O Día da Ciencia en Galicia homenaxea a Jimena Fernández de la Vega mañá vernes, 8 de outubro, no Salón Nobre de Fonseca en...
A RAGC recoñece a traxectoria de cinco científicas e científicos galegos das Universidades de Santiago, Coruña e Vigo coas Medallas de Investigación 2021
Os catedráticos Carmen Álvarez, Carlos Hervés, Luis Castedo, Manuel Ladra e María Antonia Señarís recibirán a súa distinción no acto do Día da Ciencia en Galicia, que se celebrará o 8 de outubro A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) distingue a traxectoria...
A precariedade na carreira científica, principal obstáculo das investigadoras e investigadores galegos
A Real Academia Galega de Ciencias celebrou hoxe un coloquio na “Noite Europea das Investigadoras e Investigadores 2021” Abordáronse cuestións como a singularidade do desenvolvemento profesional das mulleres científicas, así como os retos asociados á xestión e...
O académico Antonio Rigueiro recibe o Premio Luís Porteiro Garea pola súa contribución ao uso do galego no ámbito académico
O catedrático do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da Universidade de Santiago (USC) Antonio Rigueiro, foi galardoado co IV Premio Luís Porteiro Garea á promoción e uso da lingua galega na institución académica, un galardón que recolleu o...
A Real Academia Galega de Ciencias organiza un coloquio na Noite Europea das Investigadoras e Investigadores sobre “a realidade humana detrás da ciencia”
Francisco Rey Vizoso, María de la Fuente, María José Alonso e Pedro Merino falarán de competitividade, saúde mental, problemas de conciliación, en definitiva da inestabilidade laboral, coa presentación de Senén Barro e moderado por Jorge Mira Celebrarase o vindeiro...
A Real Academia Galega de Ciencias enxalza a “excelencia investigadora” de Fiz Fernández, como experto en oceanografía química, no ciclo do carbono mariño e na acidificación dos océanos
“O océano está axudando a mitigar o cambio climático pero a un custo moi alto, a súa acidificación” O profesor do Instituto de Investigacións Mariñas en Vigo do CSIC pronunciou hoxe o seu discurso de ingreso como académico da Sección de Química e Xeoloxía nun acto...
María José Alonso, recoñecida pola súa traxectoria nanotecnolóxica co Premio Nacional de Nanotecnología da empresa NOB166®
A académica numeraria da Sección de Bioloxía e Ciencias da Saúde da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), a investigadora do CiMUS (Center for Research in Molecular Medicine and Chronic Diseases) da Universidade de Santiago (USC), María José Alonso, foi recoñecida...
Xosé R. Bustelo, coordinador do ciclo Avances: “O reto máis inmediato é conseguir unha supervivencia dos pacientes de cancro por enriba do 70% nos próximos dez anos”
Máis de 150 persoas participaron nas catro xornadas impartidas por once prestixiosos expertos internacionais na enfermidade A Real Academia Galega de Ciencias e a Deputación da Coruña organizaron a actividade esta semana no Pazo de San Roque de Santiago Os avances...
O ciclo Avances da RAGC e a Deputación da Coruña profundan na temática das análises de xenomas tumorais e as inmunoterapias para o cancro
A investigadora do Institut for Research in Biomedicine de Barcelona, Núria López-Bigas, e a catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo, África González, impartiu a sesión ás 19 horas A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación da Coruña, coa...