Novas
Infórmate sobre as novas da Real Academia Galega de Ciencias.
Galardón para o académico Fernando Pérez pola súa traxectoria innovadora nos II Premios Galicia Innovación e Deseño da Xunta de Galicia
O noso compañeiro Fernando Pérez González, académico numerario da Sección de Ciencias Técnicas da RAGC, recibiu onte o II Premio Galicia á Innovación e Deseño na categoría de "Traxectoria Innovadora" da Axencia Glega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia. Ademais...
Juan José Nieto Roig recibe o Premio Conde de Cartagena de investigación traslacional da Real Academia Nacional de Medicina de España
O académico numerario da sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), Juan José Nieto Roig, recibiu onte o Premio Conde de Cartagena de investigación traslacional da Real Academia Nacional de Medicina de España....
César Portela, novo académico de honra da Real Academia Galega de Belas Artes
O pasado sábado, 18 de decembro, a Real Academia Galega de Belas Artes acordou conceder ao arquitecto pontevedrés César Portela Fernández-Jardón o título de académico de honra da Corporación. Desde a Real Academia Galega de Ciencias queremos darlle os nosos parabéns...
A vacinación como medida preventiva para enfermidades será o tema da última conferencia do ciclo Aida Fernández Ríos da RAGC no IES Johan Carballeira de Bueu (Luns-20)
A charla celebrarase ás 16 horas no centro escolar e estará impartida por África González Fernández, catedrática de Inmunoloxía do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) da Universidade de Vigo (UVigo) A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de...
O científico social Alberto Gago analiza o impacto económico do cambio climático e a transición cara economías descarbonizadas no seu ingreso na RAGC
“Temos unha enorme capacidade social para adaptar hábitos e procesos, para mobilizar elevadas sumas de fondos e para acelerar a innovación cando nos enfrontamos ao maior reto posible: a sostibilidade da nosa civilización” O catedrático de Facenda Pública e exreitor da...
Alumnado do IES Pintor Colmeiro de Silleda asiste o luns a unha conferencia sobre as “matemáticas para un mundo mellor”, no marco do ciclo Aida Fernández Ríos da RAGC e a Deputación de Pontevedra
A charla celebrarase ás 9:40 horas no centro escolar e estará impartida pola decana da Facultade de Matemáticas e profesora de Matemática Aplicada da USC, Elena Vázquez Cendón A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra celebran o...
O INE entrega o Premio Nacional de Estadística 2021 a Wenceslao González Manteiga, académico da sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación da RAGC
O académico numerario da sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación da RAGC, o catedrático de Estadística e Investigación Operativa na Universidade de Santiago de Compostela (USC) foi galardoado pola súa contribución social, tanto no ámbito científico...
Alumnado do IES Monte da Vila do Grove asiste o venres 10 de decembro a unha conferencia sobre a revolución dos alimentos, no marco do ciclo Aida Fernández Ríos da RAGC e a Deputación de Pontevedra
Isabel Medina, profesora de investigación do Instituto de Investigacións Mariñas e académica: “A evidencia científica demostra que o consumo de peixe e produtos do mar é un elemento esencial nas dietas que axudan a mellorar a saúde e previr enfermidades dun xeito...
Alumnado do IES Illa de Ons de Bueu asiste o xoves 9 de decembro a unha conferencia sobre intelixencia artificial, no marco do ciclo Aida Fernández Ríos da RAGC e a Deputación de Pontevedra
Amparo Alonso, catedrática da Área de Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña: “A Intelixencia Artificial é unha revolución, a tecnoloxía que máis está a contribuír a definir a nova sociedade superintelixente do futuro” A Real Academia Galega...