Noticias
Infórmate sobre las noticias de la Real Academia Gallega de Ciencias.
Eduardo García Río, homenaxeado no congreso mundial sobre xeometría diferencial que se desenvolve en Matemáticas
O congreso ‘Symmetry and shape’, que se desenvolve na facultade compostelá de Matemáticas, rendeulle homenaxe ao e académico da RAGC Eduardo García Río. O catedrático ten desenvolto boa parte do seu labor investigador no campo da xeometría diferencial. García Río...
Wenceslao González Manteiga ingresa na Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais de España
O académico da RAGC Wenceslao González Manteiga acaba de ingresar na Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais de España como académico correspondente, adscrito á Sección de Ciencias Matemáticas. É catedrático de Estatística da Universidade de Santiago,...
A académica Minia Manteiga, elixida nova presidenta da Sociedad Española de Astronomía
No marco da XVI Reunión Científica de la Sociedad Española de Astronomía, que tivo lugar no Parque de las Ciencias de Granada, a SEA celebrou a súa asemblea xeral, na que se elixiu á académica da RAGC Minia Manteiga como a súa nova presidenta para os vindeiros catro...
A RAGC e a Universidade Intercontinental da Empresa crean uns premios para recoñecer á mocidade investigadora en Galicia
Os “Premios de Investigación UIE – RAGC para Jóvenes Investigadoras e Investigadores” estarán dotados con 5000 euros e cubrirán as áreas de ciencias sociais, básicas e técnicas A Real Academia Galega de Ciencias e a Universidade Intercontinental da Empresa (UIE)...
O académico Carlos Pajares recibe o Premio Lois Peña Novo
O profesor Carlos Pajares, académico de honra da RAGC, recibiu o Premio Lois Peña Novo, que outorga a Fundación homónima e que este ano celebrou a súa vixésimo oitava edición. Estes galardóns buscan animar o proceso de normalización lingüística no eido das...
A Deputación da Coruña financia o 80% do ciclo “Fronteiras, desde a orixe do universo ata a exploración espacial”
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o presidente da RAGC, Juan Lema Rodicio, asinaron un convenio de colaboración para sufragar o desenvolvemento do Ciclo Avances, que nesta edición desenvolveuse baixo o título “Fronteiras, desde a orixe...
A RAGC convoca as “Medallas de Investigación”, que recoñecen a traxectoria consolidada de científicas e científicos en activo (PRAZO para presentar candidaturas: 13 de setembro)
Outorgaranse cinco distincións nos eidos da bioloxía e ciencias da saúde, ciencias técnicas, química e xeoloxía, ciencias económicas e sociais; e matemáticas, física e ciencias da computación A RAGC convoca as “Medallas de Investigación”. Estes galardóns recoñecen a...
O académico Ángel Carracedo recolle o Premio 2024 á Traxectoria Internacional no ámbito do dereito á saúde da UIMP
O académico Ángel Carracedo vén de recoller o Premio 2024 á Traxectoria Internacional no ámbito do dereito á saúde da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP), en Santander. Ademais do homenaxeado, no evento participaron o reitor da UIMP, Carlos Andradas; o...
Reunión coa Fundación Barrié
O presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Juan Lema, e a súa vicepresidenta, Alicia Estévez, reúnense coa presidenta da Fundación Barrié, Pilar Romero. Analizaron a colaboración actual entre as dúas entidades e estudaron novas accións futuras.