Minia Manteiga Outeiro
Catedrática de Astronomía e Astrofísica da Universidade da Coruña
Minia Manteiga Outeiro, catedrática de Astronomía e Astrofísica da UDC. Especialista en evolución estelar, astrofísica espacial e Big Data Astronomy. Docente na Escola Superior de Náutica e Máquinas na Universidad de A Coruña e anteriormente, entre os anos 1994 e 1999, na Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo. Realizou a súa formación doutoral no Instituto de Astrofísica de Canarias, e postdoutoral no Istituto di Astrofísica Spaziale (Frascati-Roma, Italia) e no Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA, Madrid). Actualmente forma parte do consorcio internacional DPAC que procesa e analiza os datos do satélite Gaia da ESA, con responsabilidade nos paquetes de traballo de clasificación e parametrización das fontes astronómicas. É autora de máis de 150 artigos, capítulos de libro e comunicacións a congresos internacionais. Nos últimos 10 anos dirixiu 3 teses de doutoramento. Participou en 17 proxectos de investigación financiados con fondos públicos, 14 de ámbito nacional, en 9 deles como Investigadora Principal, en 7 Accións Especiais ou Redes de Excelencia e en 3 Accións COST da Unión Europea. No ano 2017 foi profesora visitante, no marco do programa Fulbright, no Departamento de Física e Astronomía da Universidade Johns Hopkins, e en 2019 investigadora visitante, polo programa Severo Ochoa, no IAC. Colaboradora da Agencia Estatal de Investigación (AEI) na área Fisica/Espacio e responsable da área de Recursos Humanos de Físicas nos anos 2018 e 2019. Presidenta do Grupo de Astrofísica (GEA) da RSEF e membro da súa Xunta Directiva dende maio de 2001 ata xaneiro de 2008. Membro numerario da Sociedad Española de Astronomía dende a súa fundación, da Unión Astronómica Internacional (IAU) e da Sociedad Europea de Astronomía (EAS).