M. Arturo López-Quintela
Catedrático de Química Física da Universidade de Santiago de Compostela
Estancia postdoutoral en Alemania no Max-Plank Institut für Biophysikalishe Chemie, Göttingen e Universidad de Bielefeld. Profesor visitante no centro Max-Plank Institut für Metallforschung, Stuttgart, Alemania; Centre for Magnetic Recording Research, University of California, San Diego, USA; University of California, Davis, USA; Yokohama National University, Japón e Research Centre for Materials Science, Nagoya, Japón. Premio Solvay in Química e premio BURDINOLA no campo de nova Nanotecnoloxías en Química. Co-fundador da compañía NANOGAP dedicada á produción de nanomateriais e clústeres sub-nanométricos (www.nanogap.es). Desde 2005, coeditor da revista Journal of Colloid and Interface Science (Elsevier, índice de impacto 5,1). Con máis de 300 publicacións (índice h=53), é coautor de 26 patentes internacionais, a maioría das cales se atopan actualmente en explotación comercial. Os seus actuais intereses en investigación céntranse na síntese e caracterización de nanomateriais e clústeres cuánticos sub-nanométricos, así como no estudo das súas aplicacións en catálise (química verde); fotocatálise para a conversión de enerxía solar -produción de hidróxeno e electricidade-; electrocatálise (celdas de combustión), así como o estudo das súas propiedades biomédicas e o desenvolvemento de biosensores.