O académico José Luís Mascareñas, catedrático da Universidade de Santiago e director científico do Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS), acaba de ser elixido como presidente científico da 58 edición da Bürgenstock Conference, que se celebrará en maio en Suíza. Trátase dunha cita que é referencia mundial no campo da química orgánica, así como un punto de encontro para discusións interdisciplinares.
O nomeamento de Mascareñas contribuirá a aumentar a visibilidade internacional do CiQUS e da USC. Convértese ademais no terceiro español en recibir este recoñecemento, co que asume a responsabilidade de realizar a programación científica e seleccionar aos relatores. Na lista de presidentes atópanse catro premios Nobel. Celebrada por primeira vez no 1965, a reunión comezou centrándose na estereoquímica, aínda que foi evolucionando até converterse nun foro multidisciplinar.