Hoxe inauguramos a exposición “Química para un mundo mellor”, organizada pola Real Academia Galega de Ciencias, que se pode visitar no Colexio Fonseca de Santiago de Compostela. A exposición conta con 20 paneis informativos e xira en torno ao 150 aniversario da creación da táboa periódica, dos principais retos do sector químico (como os combustibles fósiles, a farmacoloxía ou a biomasa), e tamén rende homenaxe a Tomás Batuecas, quen fose catedrático de Ciencias Químicas da Universidade de Santiago de Compostela e vicerreitor da mesma, e a quen se dedica o próximo Día da Ciencia en Galicia, que terá lugar o 8 de outubro.


