
Últimas Novas +
A RAGC e a Xunta convocan os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia (prazo: 30 abril)
A Real Academia Galega de Ciencias, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación, convoca os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2025. O obxectivo destes galardóns é recoñecer casos de éxito de transferencia de coñecemento na comunidade e difundilos á...
A Casa de Galicia en Madrid celebra unha conferencia do catedrático da USC Francisco Díaz-Fierros sobre o “Matemático Rodríguez”
A Casa de Galicia en Madrid súmase aos actos de homenaxe da Real Academia Galega de Ciencias ao “Matemático Rodríguez”, nomeado Científico Galego de 2024 pola RAGC. Acolleu a conferencia "José Rodríguez González. Un alento renovador da ciencia galega", que impartiu o...
Reunión coa presidenta da Real Academia de Ciencias Exactas
O presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Juan Lema, vén de reunirse coa presidenta da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales de España, Ana María Crespo. As dúas entidades están a explorar posibles vías de cooperación no ámbito da promoción da...
O modernizador da química en Galicia, Fernando Calvet, nomeado “Científico Galego do Ano” pola RAGC
Foi pioneiro en aplicar a bioquímica á industria e dirixiu os Laboratorios Zeltia, onde en pouco máis dun ano logrou patentar máis de dez especialidades farmacéuticas A Real Academia Galega de Ciencias elixiu ao químico Fernando Calvet como “Científico Galego do Ano”....
A académica María Loureiro, recoñecida nos Premios SERenidade 2025 de Radio Galicia
A académica María Loureiro vén de recoller un dos Premios SERenidade 2025 que outorga Radio Galicia Cadena SER. A emisora recoñece así a magnífica traxectoria profesional da catedrática de Economía da Universidade de Santiago. O xurado puxo de relevo que se trata de...
A Casa de Galicia en Madrid acolle a exposición sobre o “Matemático Rodríguez”
A Casa de Galicia en Madrid acolle a exposición “José Rodríguez. O Matemático de Bermés”, que, logo de pasar con enorme éxito pola cidade de Santiago e o Concello de Lalín, recala agora en Madrid, onde permanecerá ata o 28 de febreiro. Esta mostra enmárcase dentro dos...

Día da Ciencia en Galicia
No contexto da promoción social do coñecemento, obxectivo xeral desta Real Academia, creuse que sería moi conveniente presentar á sociedade galega a vida e obra daqueles galegos ilustres que destacaron pola súa contribución ao desenvolvemento da ciencia e aos non galegos que realizaron en Galicia importantes contribucións no ámbito científico-técnico.
Por iso, a Real Academia Galega de Ciencias, en sesión plenaria celebrada o 6 de xullo de 2006, acordou instituír o Día do Científico Galego. Cada ano, a Academia acordará en sesión plenaria a designación dun personaxe que, reunindo algunha das condicións anteriores, será proclamado Científico Galego do ano. O acordo establece tamén que, aínda que a designación é para todo o ano, renderáselle unha homenaxe pública nun acto solemne.