
Historia
Un grupo de seis galegos ilustres e amantes de Galicia: D. Enrique Vidal Abascal, D. Isidro Parga Pondal, D. Luis Iglesias Iglesias, D. Domingo García Sabell, D. Antonio Fraguas y Fraguas e D. Eugenio Torre Enciso, todos eles académicos da Real Academia Galega, tiveron a clarividencia e o grande acerto de entender que o desenvolvemento de Galicia non só requiría a promoción da cultura asociada á lingua galega, á historia, ás letras e ás artes, senón que necesitaba tamén e sobre todo a promoción da cultura asociada á ciencia, a tecnoloxía e as súas aplicacións. Por iso, o 26 de xaneiro de 1973 procederon a asinar un escrito de solicitude de creación da Academia Galega de Ciencias. Este loable empeño alcanzou o seu obxectivo cando o Real Decreto 1218/1977 de 23 de abril creou a Academia de Ciencias Galega, que finalmente se constituiu en xullo de 1978 cos Académicos promotores e os propostos por diversas institucións, como Académicos fundadores.
Académicos Fundadores

Facultade de Ciencias
Ignacio Ribas Marqués
Francisco Bermejo Martínez
Eduardo García-Rodeja Fernández
Ernesto Vieitez Cortizo

Facultade de Farmacia
Jaime González Carreró
Benito Regueiro Varela
Pablo Sanz Pedrero
Mª del Pilar Fernández Otero

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
José Manuel Beiras Torrado
Jaime García-Lombardero y Viñas
Juán Ramón Quintás Seoane
Luis Suárez-Llanos Gómez

Delegación do C.S.I.C.
Aniceto Charro Árias
Francisco Guitián Ojea
Justo Rodríguez Martínez
Jesús Méndez Sánchez
O 18 de Decembro de 1978 a Academia recén creada celebrou unha xuntanza extraordinaria na que se procedeu á elección do seu primeiro Equipo de Goberno, que quedou constituído por: D. Enrique Vidal Abascal, como Presidente, D. Ernesto Vieitez Cortizo, como Vicepresidente, D. Juan Quintás Seoane, como Tesoureiro, D. Antonio Fraguas e Fraguas, como Bibliotecario e D. Jaime García Lombardero, como Secretario. A partir desta data a Academia procedeu ao ingreso gradual de novos Académicos, seguindo o procedemento establecido polos Estatutos. O Académico promotor D. Isidro Parga Pondal foi nomeado Presidente de Honra.

D. Enrique Vidal Abascal

D. Isidro Parga Pondal

D. Ernesto Viéitez Cortizo
O 9 de Decembro de 1982 D. Ernesto Vieitez Cortizo accedeu, por elección, á Presidencia da Institución, na que permaneceu ata o seu pasamento, o 21 de Setembro de 2013. Foi o seu segundo Presidente.
Por Real Decreto 2629/1983 do 10 de Setembro cambiouse o nome de Academia de Ciencias Galega polo de Academia Galega de Ciencias. Finalmente o 14 de Xaneiro de 1994 a Casa Real concedeu á Academia Galega de Ciencias o título de Real, converténdose así en Real Academia Galega de Ciencias.
O 23 de xaneiro de 2019, foi elixido Presidente, D. Juan Manuel Lema Rodicio, quen ocupa o cargo actualmente.
Inicialmente a RAGC tivo a súa sede nas instalaciónss do Instituto Padre Sarmiento, Rúa do Franco, 2. No ano 2000, trasladouse ao Pazo de San Roque e con carácter provisional, estivo en dependencias da Axencia Galega de Innovación (Xunta de Galicia) en Área Central. Actualmente, e grazas ao convenio coa Universidade de Santiago de Compostela atópase ubicada en dependencias cedidas pola Facultade de Químicas.

D. Miguel Ángel Ríos Fernández

D. Juan Manuel Lema Rodicio