Herminia Domínguez González

Catedrática de Enxeñaría Química no Campus de Ourense da Universidade de Vigo (UVigo)

Herminia Domínguez González (San Xoán de Río, 1965) é catedrática de Enxeñería Química da Universidade de Vigo (Uvigo) no Campus de Ourense. Completou a súa formación pre e posdoutoramento no Consello de Investigación de Saskatchewan e na Universidade de Lund. 

Actualmente é coordinadora do grupo de Biomasa e Desenvolvemento Sostible. Centra a súa actividade investigadora no deseño de procesos baseados en estratexias de intensificación, en especial con fluídos subcríticos e supercríticos, e na tecnoloxía de membranas para o fraccionamento de biomasa seguindo a filosofía das biorrefinerías e o residuo cero. Desenvolve novos produtos con ingredientes funcionais e biopolímeros obtidos a partires de recursos renovables infrautilizados ou considerados residuos. Foi investigadora principal en máis de 20 proxectos de investigación e contratos con empresas. Dirixiu 14 teses de doutoramento. Publicou máis de 250 artigos e 30 capítulos de libros internacionais, é coeditora de catro libros e coinventora de oito patentes. Recibiu o Premio A-IQS.