Equipo de Goberno
Comisión ExecutivaPresidente
Juan Manuel Lema Rodicio
Profesor de Enxeñería Química na USC. Especialista en biotecnoloxía ambiental aplicada ao tratamento e recuperación de residuos e augas residuais. Director de 60 teses doutorais.
Secretaria
Minia Manteiga Outeiro
Catedrática de Astronomía e Astrofísica da Universidade da Coruña. Especialista en evolución estelar, astrofísica espacial e Big Data Astronomy. Forma parte do consorcio internacional DPAC, que procesa e analiza os datos do satélite Gaia da ESA.
Tesoureiro
Manuel Freire Rama
Catedrático de Bioquímica e Bioloxía Molecular. Membro da Sociedade Española de Bioquímica, da American Society for Biochemistry and Molecular Biology e da New York Academy of Sciences.