Antonio Ballester Álvarez-Pardiñas
Doutor en Ciencias Químicas pola USC
Profesor de Investigación (xubilado) do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) con destino no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia, Santiago de Compostela. Especialista en Biotecnoloxía Forestal: propagación e mellora de especies forestais. Autor de máis de 170 artigos e capítulos de libros internacionais, director de 10 Teses Doutorais. Co-autor dunha patente sobre a eliminación de compostos orgánicos en solos contaminados mediante plantas xeneticamente modificadas (fitorremediación). Coordinador Nacional da área científica de Ciencias Agrarias (1999-2004) do CSIC. Membro do panel de expertos redactor do Plan Nacional de I+D+I (2003-2007) na área de Agroalimentación. Presidente da Sociedad Española de Cultivo in Vitro de Tejidos Vegetales (2003-2007) e representante español na International Association of Plant Tissue Culture. Medalla da Mendel University (Brno, República Checa). Académico Numerario da RAGC (2004-). Secretario da RAGC (2005-2018).