O 19 de setembro tivo lugar a cerimonia de entrada de Aníbal Ollero na Real Academia Española de Ingeniería, na sede da institución en Madrid. O académico da RAGC pronunciou o seu discurso baixo o título “Hacia una robótica aérea bio-inspirada”. Foi contestado polo secretario da Academia, Jaime Domínguez Abascal, que leu a resposta do membro Javier Aracil, que non puido asistir ao evento.