A III edición dos ‘International Zendal Awards’ recoñeceu a traxectoria do académico da RAG Ángel Carracedo. O xurado recoñeceu a figura do catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela, director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e coordinador do Grupo de Medicina Xenómica como un “referente mundial” na área da Medicina forense.
Cunha dilatada carreira profesional, o doutor Carracedo publicou 12 libros e 550 artigos en revistas internacionais, incluíndo artigos en publicacións tan prestixiosas como Nature, Science, NatureGenetics, ademais das principais revistas dos eidos da xenética médica, cancro e Medicina forense. Ángel Carracedo forma parte de diversas sociedades científicas de relevancia internacional.