A académica da RAGC, Maria José Alonso recibiu o XVII premio Burdinola pola súa contribución á medicina persoalizada e rexenerativa, no ámbito da nanotecnoloxia. O premio ofi entregado no paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, nun acto presidido polo Reitor Antonio López. O xurado estivo presidido por Joseba Pineda, decano da Facultade de Medicina e Enfermería da Universidade do País Vasco; sendo secretario o director da Fundación Universidade-Empresa Euskoiker, Alfonso Hernández. O comité contou tamén cos vocais Laura Lechuga, Rosa Hernández, Ramón Colomer, Guillermo Zalba e Mikel Martínez, director xeral de Burdinola, este último con voz pero sen voto. No seu ditame, o xurado tamén quixo destacar o elevado nivel de calidade de todas as candidaturas presentadas.
Últimas Noticias
A RAGC amosa o seu fondo pesar polo pasamento do seu académico de honra Federico Mayor Zaragoza
O académico José Manuel Fernández de Labastida, novo director da Agencia Estatal de Investigación
A académica María Loureiro recolle o Premio María Josefa Wonenburger
A mellor investigación realizada en Galicia será recoñecida pola RAGC e a Fundación Barrié
A académica María José Alonso ingresa na Academia Nacional de Farmacia y Bioquímica de Arxentina