A Real Academia Galega de Ciencias manifesta o seu fondo pesar polo facemento do profesor José Juan Pazos Arias, académico numerario da nosa institución desde xuño de 2016.
José Juan Pazos Arias (Baiona, 1964-2023) era Enxeñeiro de Telecomunicación (1987) pola Universidad Politécnica de Madrid e Doutor Enxeñeiro de Telecomunicación (1995) polo Departamento de Enxeñaría de Sistemas Telemáticos da mesma universidade. Catedrático de Enxeñería Telemática da Universidade de Vigo, foi fundador e director do seu grupo de Servizos para a Sociedade da Información.
Centrou a súa actividade investigadora no desenvolvemento de tecnoloxías transversais coas que facer un uso eficaz do crecente volume de información xerada e dispoñible en liña, en numerosos dominios de aplicación das TIC. Director de múltiples teses de doutoramento, foi autor de máis de 200 artigos en revistas, conferencias e libros de ámbito internacional. Foi subdirector da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo e director do Departamento de Enxeñaría Telemática da mesma universidade, desde a súa fundación ata o ano 2004. Dirixiu así mesmo a Área de Novas Tecnoloxías da Universidade de Vigo.