Cargando eventos

eventos pasados

Navegación de busca e vistas de eventos

Navegación de vistas de Evento

Xullo 2021

Ciclo de Conferencias AVANCES: “Avances recentes no coñecemento do cancro: bases moleculares e aplicacións á clínica”

6 Xullo, 2021 @ 6:30 p.m. - 9 Xullo, 2021 @ 8:30 p.m.

  Este ciclo de conferencias, XXIV Avances en Ciencia e Tecnoloxía, organizado pola RAGC, quere dar unha panorámica xeral sobre os avances recentes no cancro cun carácter altamente divulgativo. Intentarase nelas dar información recente sobre técnicas e mecanismos moleculares que median a orixe, progresión e respostas clínicas do cancro. Tamén se ofrecerá unha visión de como estes avances teñen un traslado importante á práctica clínica no ámbito do diagnóstico, tratamento e o desenvolvemento da medicina personalizada. O ciclo, coordinado polo…

Máis información »

Setembro 2021

Ingreso de Fiz Fernández Pérez

7 Setembro, 2021 @ 7:00 p.m. - 9:00 p.m.
Pazo de San Roque, Rúa de San Roque, 2
Santiago de Compostela, A Coruña 15704 España
+ Google Map

Salón de Actos do Pazo de San Roque, San Roque nº 2, en Santiago de Compostela, ás 7 da tarde. O novo académico pronunciará o discurso “A diferencial oceánica”.Responde o Prof. Dr. D. Antonio Ballester Álvarez-Pardiñas. Fiz Fernández Pérez é profesor de Investigación do CSIC no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo. Especialista en Oceanografía Química, ciclo do carbono mariño e acidificación dos océanos. Director de 20 teses doutorais e autor de máis de 200 artigos científicos en revistas Internacionais…

Máis información »

Novembro 2021

Ingreso de María Isabel Medina Méndez

11 Novembro, 2021 @ 7:00 p.m. - 9:00 p.m.
Pazo de San Roque, Rúa de San Roque, 2
Santiago de Compostela, A Coruña 15704 España
+ Google Map
Máis información »

XXXII ciclo Luis Asorey: “Dixitalización do sector agrario en Galicia

14 Novembro, 2021 - 21 Novembro, 2021
CiQUS – USC, C/ Jenaro de la Fuente s/n | Campus Vida
Santiago de Compostela, A Coruña 15782 España
+ Google Map
Cartel Ciclo Luis Asorey 2021

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Lugo, coa colaboración do Campus Terra da Universidade de Santiago (USC), organizan o XXXII ciclo Luis Asorey, centrado na edición de 2021 na “Dixitalización do sector agrario en Galicia”, con conferencias para abordar as estratexias autonómica, nacional e europea e as referentes á modernización tecnolóxica dos subsectores agrícola, gandeiro e forestal, e do rural en xeral, a través de fórmulas como as “Smart farmings” ou as aldeas intelixentes. O…

Máis información »

Decembro 2021

Ingreso de Alberto Gago Rodríguez

15 Decembro, 2021 @ 7:00 p.m. - 9:00 p.m.
Pazo de San Roque, Rúa de San Roque, 2
Santiago de Compostela, A Coruña 15704 España
+ Google Map
Máis información »
+ Exportar eventos