Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

XXXIII Xornadas Luis Asorey: “O capital natural e os servizos ecosistémicos. A nova base da economía”

14 Novembro, 2022 @ 7:00 p.m. - 23 Novembro, 2022 @ 9:00 p.m.

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Lugo, coa colaboración do Campus Terra da Universidade de Santiago (USC), organizan asXXXIII Xornadas Luis Asorey”, centradas nesta edición 2022 en “O capital natural e os servizos ecosistémicos. A nova base da economía”. Desenvolveranse do 14 ao 23 de novembro, a través dunha serie de conferencias nas que se abordarán os bens naturais e as súas externalidades: a restauración do capital natural tralos incendios forestais, os servizos ecosistémicos da Rede Natura 2000, os servizos ambientais na nova Política Agraria Común, a paisaxe, a compensación das emisións de gases de efecto invernadoiro, a biodiversidade, os servizos ecosistémicos dos sistemas agroforestais ou o valor de monumentos naturais como son as árbores senlleiras.

Desenvolveranse do 14 ao 23 de novembro no salón de actos da Deputación de Lugo (rúa San Marcos, 8), en horario de 19:00 a 21:00 horas. As xornadas están coordinadas por Antonio Rigueiro, catedrático emérito da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC, presidente da Asociación Forestal de Galicia (AFG) e membro numerario da RAGC. Están recoñecidas pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades como actividade de formación do profesorado non universitario.

INSCRICIÓN

PROGRAMA

Detalles

Comezo:
14 Novembro, 2022 @ 7:00 p.m.
Remate:
23 Novembro, 2022 @ 9:00 p.m.
Categoría do Evento:

Recinto

CiQUS – USC
C/ Jenaro de la Fuente s/n | Campus Vida
Santiago de Compostela, A Coruña 15782 España
+ Google Map
Páxina web:
https://www.usc.es/ciqus/es