- Este evento pasou.
Tecnoloxías da Información e das Comunicacións: o futuro xa chegou
12 Decembro, 2016 @ 12:00 p.m. - 15 Decembro, 2016 @ 3:00 p.m.
Ciclo de Charlas e Mesas de debate
TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS: O FUTURO XA CHEGOU
(XIX Avances en Ciencia e Tecnoloxía 2016)
Días 12, 13, 14, e 15 de decembro ás 19,00 horas
Un país que pretenda ter un sistema produtivo moderno e sustentable, baseado no coñecemento e na aprendizaxe permanente non pode resignarse a ser un mero consumidor dos productos e servizos TIC que outros desenvolvan. De feito, a ominipresenza destas tecnoloxías é tal que ninguén pode permanecer alleo a elas e aos seus avances: as empresas, grandes ou pequenas, a Administración, a Universidade, os traballadores e cada individuo da sociedade.
OBXECTIVOS
O Ciclo ten como obxectivos dar a coñecer con rigor, pero ao tempo dun modo asequible para un público diverso e non especializado, algún dos ámbitos nos que as TIC están tendo ou terán en pouco tempo un impacto enorme na formación de profesionais, na I+D e na producción de bens e servizos.
PERSOAS DESTINARIAS
Este ciclo vai dirixido a un público moi diverso: estudantes, doutorandos e investigadores, en particular do ámbito das TIC e afines, profesionais e directivos de empresas e administracións públicas, así como a persoas alleas ao mundo das TIC, pero con interés ou simple curiosidade polos temas abordados.
INSCRICIÓN
A inscrición será gratuita. O prazo de inscrición estará aberto ata o 12 de decembro ás 13:00 horas ou ata completar aforo.
As persoas que o soliciten recibirán un certificado de asistencia ao Ciclo.