Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Presentación do libro “José Rodríguez González (1770-1824). Un matemático sublime”

Outubro 3 @ 12:00 p.m. - 1:00 p.m.

No marco dos actos de homenaxe ao matemático José Rodríguez, “Científico Galego 2024”, a facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago acolle a presentación do libro “José Rodríguez González (1770-1824). Un matemático sublime”. Na publicación, coeditada pola RAGC e o Consello da Cultura Galega, faise un repaso pola traxectoria profesional e vital deste persoeiro ilustre. 

No transcurso do evento celebrarase unha mesa redonda na que participarán varios dos autores e autoras da publicación, destinada a valorar o traballo e o impacto de José Rodríguez nas súas diferentes facetas. Estarán os académicos Juan José Nieto e  Manuel de León, a historiadora Margarita Barral e o director do Observatorio Astronómico da USC, José Ángel Docobo.

Detalles

Data:
Outubro 3
Hora:
12:00 p.m. - 1:00 p.m.
Categoría do Evento:

Recinto

Facultade de Matemáticas da USC
Campus Sur
Santiago de Compostela,
+ Google Map