Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Noite Galega das Persoas Investigadoras 2023

29 Setembro, 2023 @ 6:00 p.m. - 8:00 p.m.

No marco das celebracións da “Noite Galega das Persoas Investigadoras 2023”, a Real Academia Galega de Ciencias promove o 29 de setembro un coloquio-debate baixo o título “O meu futuro nunha carreira investigadora?”. Terá lugar ás 18:00 h no CiQUS -Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da Universidade de Santiago-.

O encontro reunirá a investigadores mozos e sénior da Universidade de Santiago, que debaterán sobre os retos, atrancos e oportunidades que presenta a investigación na nosa comunidade. Estarán o profesor Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal e académico da RAGC; Pablo Taboada, director da Escola de Doutoramento da USC; Alberte Regueira, axudante doutor de Enxeñaría Química; Andrea Núñez, investigadora de Filosofía; Stefania Barca, investigadora de Historia Contemporánea; e Javier Dubert, investigador de Microbioloxía e vogal de InvestiGal – Rede Galega pola Investigación. A encargada de presentar e moderar o debate será María Loureiro, catedrática de Fundamentos da Análise Económica da USC e académica da RAGC, coordinadora desta iniciativa.

INSCRICIÓN

Detalles

Data:
29 Setembro, 2023
Hora:
6:00 p.m. - 8:00 p.m.
Categoría do Evento:

Recinto

CiQUS – USC
C/ Jenaro de la Fuente s/n | Campus Vida
Santiago de Compostela, A Coruña 15782 España
+ Google Map
Páxina web:
https://www.usc.es/ciqus/es