- Este evento pasou.
Noite Galega das Persoas Investigadoras 2024
Setembro 27 @ 7:00 p.m. - 9:00 p.m.
No marco das celebracións da “Noite Galega das Persoas Investigadoras 2024”, a Real Academia Galega de Ciencias, en colaboración coa Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE), promove o 27 de setembro unha conferencia baixo o título “O metro calculado por un galego do século XIX”. Terá lugar ás 19:00 h na sede de Afundación en Santiago de Compostela.
A conferencia impartiraa o matemático e investigador da Universidade da Coruña Xabier Pérez Couto, que achegará o papel que desempeñou o matemático Rodríguez, nomeado pola RAGC como “Científico Galego do Ano 2024”, no proxecto internacional que permitiu establecer o metro como unidade de medida.