
- Este evento pasou.
Ingreso de Pilar Bermejo Barrera
9 Maio, 2018 @ 7:00 p.m. - 9:00 p.m.

A Profa. Dra. Dna. Pilar Bermejo Barrera é Catedrática de Química Analítica na USC e actualmente ocupa o cargo de Decana da Facultade de Química. A Profa. Bermejo completou a súa formación na Universidade de Plymouth (UK) e é a Investigadora principal do Grupo de investigación “Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación”. Ten un currículo investigador extenso e brillante e leva a cabo interesantes actividades encamiñadas a mellorar a percepción social da Química. Foi coordinadora do Programa Piloto ECTS de ERASMUS na área de Química. Ademais, coordina a rede ECTN (European Chemistry Thematic Network) e o programa TASSEP (Transatlantic Science Student Exchange Programme).