- Este evento pasou.
Ingreso de Manuel Arturo López Quintela
15 Febreiro, 2017 @ 7:00 p.m. - 9:00 p.m.
Salón de Actos do Pazo de San Roque, San Roque nº 2, en Santiago de Compostela, ás 7 da tarde.
O Prof. López Quintela licenciouse e doutourouse en Química na Universidade de Santiago, na que actualmente é Catedrático, adscrito á área de Química Física. Entre os seus moitos méritos cabe destacar: que nos anos posteriores ao seu doutoramento levouno a cabo numerosas estancias en Universidades e Centros de investigación estranxeiros, especialmente en Alemaña, Xapón e Inglaterra; que é autor de 336 traballos de investigación; que participou nun gran número de proxectos de investigación nacionais e internacionais, por importe global duns 6 millóns de euros; que dirixiu 26 teses de doutoramento e que é autor de 21 patentes, 13 delas licenciadas para a súa explotación. A súa actividade de investigación, que se iniciou no campo da cinética química, foise orientando cara o desenvolvemento e estudo de nanomateriais, campo no que actualmente é unha autentica autoridade recoñecida internacionalmente e no que promoveu a empresa spin off Nanogap.