
- Este evento pasou.
Ingreso de Juan Manuel Lema Rodicio
25 Maio, 2016 @ 7:00 p.m. - 9:00 p.m.

O vindeiro día 25 de maio terá lugar no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, ás 7 da tarde, o acto solemne de ingreso do Prof. Dr. D. Juán Manuel Lema Rodicio como Académico Numerario da RAGC. O Prof. Lema Rodicio é Catedrático da USC na área de Enxeñaría Química, onde dirixe o grupo de investigación “Enxeñaría Ambiental e Bioprocesos”. Investigador de gran prestixio nacional e internacional no ámbito da enxeñaría ambiental, protagonizou importantes casos de transferencia de tecnoloxía. No seu brillante currículo figuran tamén notables contribucións á xestión universitaria.