Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Ingreso de José Antonio Redondo López

21 Xuño, 2018 @ 7:00 p.m. - 9:00 p.m.

O vindeiro día 21 terá lugar o solemne acto de ingreso do Prof. Dr. D. José Antonio Redondo López como Académico numerario da RAGC. Doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela con Premio Extraordinario, o Sr. Redondo foi Investigador Asistente na Universidade de California (San Diego) e actualmente é Catedrático de Economía Financeira da Universidadr de Santiago, onde ven exercendo a docencia en materias da súa especialidade, participando en diversos Másteres como codirector ou responsable da área de finanzas. Publicou numerosos libros e traballos de investigación. É Académico da Real Academia de Ciencias Económicas e Financeiras de España, membro do grupo de traballo Franco-Español de análise financeiro e membro da American Finance Association. Ocupou numerosos cargos, como os de Vicedecano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e Director constituínte do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade. Foi Director Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, membro de distintos Consellos e actualmente é Conselleiro Maior del Consello de Contas de Galicia.

Detalles

Data:
21 Xuño, 2018
Hora:
7:00 p.m. - 9:00 p.m.
Categoría do Evento:

Recinto

Pazo de San Roque
Rúa de San Roque, 2
Santiago de Compostela, A Coruña 15704 España
+ Google Map
Teléfono:
981 54 02 20
Páxina web:
iegps.csic.es