
- Este evento pasou.
Ingreso de Aída Fernández Ríos
18 Xuño, 2015 @ 7:00 p.m. - 9:00 p.m.

A Dra. Dna. Aída Fernández Ríos é Profesora de Investigación no CSIC, con destino no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo. É Bióloga Oceanógrafa e a súa investigación céntrase preferentemente no Sistema do Carbono. Participou nun elevado número de Campañas Oceanográficas, dirixiu teses de doutoramento e participou en numerosos Proxectos de Investigación, incluíndo proxectos do Plan Nacional e Europeos. O seu excelente currículo científico complétase cunha longa lista de publicacións en revistas de prestixio. Ademais, formou parte de numerosos Comités e Representacións internacionais.