- Este evento pasou.
Ingreso de César Portela Fernández-Jardón
16 Xuño, 2021 @ 7:00 p.m. - 9:00 p.m.
O novo académico pronunciará o discurso “A boa arquitectura cabalga ao unísono entre a arte e a ciencia”.
Responde o Prof. Dr. D. Pedro Merino Gómez.
César Portela Fernández-Jardón naceu en Pontevedra en 1937 onde ten o seu estudio de arquitectura. Cursou estudos de arquitectura nas Escolas Técnicas Superiores de Arquitectura de Madrid e Barcelona. Obtivo o seu título de arquitecto en 1966 en Madrid. É doutor arquitecto pola Universidade Politécnica de Madrid (1968) e catedrático de Proxectos Arquitectónicos (Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición) na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña – ETSA da UDC (1987-2007). Ademais, é profesor invitado en numerosas universidades e institucións de todo o mundo, entre as que destacan a Escola Superior de Arquitectura de Pamplona, Nancy, Caracas, Lisboa e Weimar.
Compaxinou a docencia coa súa labor profesional como arquitecto. Portela recibiu e segue a recibir multitude de recoñecementos pola súa traxectoria profesional, tanto nacionais como internacionais. Destacan o Premio Nacional de Urbanismo en 1981 polo Plan de intervención no Pazo de Oca e contorno; a Medalla de Ouro do Consejo de Europa en 1982 pola rehabilitación da carballeira de Santa Miña e contorno; o Premio European Urban and Regional Planning da European Commission/European Council of Town Planners en 1994 pola recuperación e construción das marxes do río Arnoia en Allariz; o Primeiro Premio Internacional de Arquitectura en Pedra (Verona) no ano 2000 pola Domus na Coruña; Premio Nacional de Arquitectura Española no 2000 pola Estación de autobuses de Córdoba do Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España (CSCAE); Premio Nacional de Arquitectura no ano 2000 do Ministerio de Fomento; e os Premios Europeos Philippe Rotthier polo Cemiterio de Fisterra e o Museo do Mar en Vigo no 2005.