- Este evento pasou.
III Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos
3 Maio, 2022 @ 7:00 p.m. - 9 Xuño, 2022 @ 7:00 p.m.
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra consideran de interese común a colaboración para a realización da III Edición do Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos para o ano 2022 e así promover o interese do público xeral, ademais de impulsar o enorme labor científico levado a cabo en Galicia.
A RAGC leva organizando actividades, cursos e ciclos de conferencias en toda a comunidade galega desde a súa fundación no ano 1973. En liña cos seus obxectivos de difundir a ciencia e a tecnoloxía pretende instaurar este ciclo de conferencias que leva o nome de Aida Fernández Ríos, brillante investigadora, oceanógrafa e académica da RAGC, falecida no 2015. Deste modo o obxectivo é espertar o interese do gran público sobre temas de actualidade científica correspondentes aos ámbitos das cinco sesións da RAGC e con repercusións sobre a sociedade.
Nun primeiro bloque organízanse varias conferencias en formato webinar e outras en formato mixto (presencial e por streaming) impartidas por persoas de recoñecido prestixio no seu ámbito profesional propostas pola RAGC.
Poboación destinataria: persoas usuarias e socias das entidades de iniciativa social, persoas da terceira idade, mocidade, profesionais, estudantes e público xeral.
Require inscrición previa (gratuita) na seguinte ligazón:
https://www.depo.gal