Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Desafíos e oportunidades da Nanotecnoloxía

20 Novembro, 2017 @ 7:00 p.m. - 23 Novembro, 2017 @ 7:00 p.m.

Ciclo de Conferencias

DESAFÍOS E OPORTUNIDADES DA NANOTECNOLOXÍA

(XX Avances en Ciencia e Tecnoloxía 2017)

Días 20, 21, 22 e 23 de novembro ás 19,00 horas

 

Coordinadores do Ciclo:
M. Arturo López Quintela e José Rivas, USC e Académicos da RAGC.

 

PERSOAS DESTINARIAS

O ciclo está dirixido a estudantes de grado, máster, doutoramento, investigadores, profesionais e directivos de empresas e organizacións públicas interesadas na importancia da nanotecnoloxía tanto na ciencia como en economía, mostrando unha visión das súas múltiples aplicacións industriais, así como para o público en xeral.
Nos últimos anos, as nanotecnoloxías demostraron ser unha ferramenta poderosa para abordar novos desafíos científicos e desenvolvementos tecnolóxicos que, sen dúbida, afectarán a moitas áreas da nosa vida, por mor do seu carácter horizontal e multidisciplinar.

 

OBXECTIVOS

Neste ciclo de conferencias mostraranse con rigor, pero dun modo accesible dirixido a un público non especializado, algúns dos aspectos máis destacados da Nanotecnoloxía, tanto dende o punto de vista científico como aplicado. O Ciclo ten como obxectivos:

  1. Contribuír ao desenvolvemento das nanotecnoloxías en Galicia.
  2. Comunicar á sociedade a importancia da ciencia e, en particular, das nanotecnoloxías.
  3. Crear cultura científica.

 

INSCRICIÓN

A inscrición será gratuita e farase vía telemática cumplimentando o formulario. O prazo de inscrición estará aberto ata o 15 de novembro ás 13:00 horas ou ata completar aforo.
As persoas que o soliciten recibirán un certificado de asistencia ao Ciclo.

Descargar díptico

Detalles

Comezo:
20 Novembro, 2017 @ 7:00 p.m.
Remate:
23 Novembro, 2017 @ 7:00 p.m.
Categoría do Evento:

Recinto

Confederación de Empresarios de Galicia
Rúa do Vilar, 54
Santiago de Compostela, A Coruña 15705 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981 55 58 88