- Este evento pasou.
Ciclo Avances “Fronteiras, dende a orixe do universo ata a exploración espacial”
Xuño 10 @ 5:00 p.m. - Xuño 13 @ 9:00 p.m.
A Real Academia Galega de Ciencias e a Deputación da Coruña promoven unha nova edición do Ciclo Avances, en colaboración co Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE-USC), o Campus Industrial da Universidade da Coruña, o CITIC (Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da UDC) e o Concello da Coruña. Céntrase en temas fundamentais que abranguen desde a orixe do cosmos ata a procura de vida extraterrestre e a exploración espacial nos nosos días, ademais dos principais logros e retos na procura de planetas habitables máis alá do noso, e os avances na observación e na exploración espacial que se están a acadar cos telescopios en órbita.
“Facendo conexións entre a Física de Partículas e a Cosmoloxía”
Presentación
Valentín González Formoso. Presidente da Deputación da Coruña
Juan Lema Rodicio. Presidente da RAGC
Carlos Salgado López. Director do IGFAE
Minia Manteiga Outeiro / Ana Ulla Miguel. Coordinadoras do curso
“Producindo o estado primixenio do universo en menos de tres ioctosegundos”
Carlos Salgado López. Oportunius Research Professor. Director do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE-USC)
“A primeira luz: O fondo cósmico de microondas”
Fernando Atrio Barandela. Catedrático de Física Teórica. Universidad de Salamanca
“Surveys de galaxias: rastrexando a distribución da materia en diferentes épocas cósmicas”
Fernando Buitrago Alonso. Investigador Distinguido Sénior. Universidad de Valladolid. Colaborador Externo do Instituto de Astrofísica e Ciências do Espaço de Portugal
Debate
“Dende a astrofísica das ondas gravitacionais aos telescopios Cherenkov: medindo o universo máis extremo”
Presentación
Ana Isabel Ares Pernas. Vicerreitora do Campus de Ferrol
Marcos Míguez González. Director do Campus Industrial de Ferrol (UDC)
Minia Manteiga Outeiro / Ana Ulla Miguel. Coordinadoras do curso
“O universo extremo e as ondas gravitacionais”
Juan Calderón Bustillo. Investigador Ramón y Cajal. IGFAE
“Observando os procesos de máis alta enerxía no universo mediante telescopios Cherenkov”
Rubén López Coto. Instituto de Astrofísica de Andalucía (IAA-CSIC). Granada
“Buracos negros e estrelas de neutróns: a física nos límites”
Teodoro Muñoz Darias. Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC).Tenerife
Debate
“Onde a vida poida estar no universo”
Presentación
Javier Pereira Loureiro. Subdirector do CITIC
Minia Manteiga Outeiro / Ana Ulla Miguel. Coordinadoras do curso
“O noso sistema solar no contexto doutros sistemas planetarios”
Benjamín Montesinos Comino. Centro de Astrobiología (CAB), CSIC-INTA. Madrid. Presidente da Sociedad Española de Astronomía (SEA)
“Procura de vida máis aló do sistema solar, o que depara o futuro”
Isabel Rebollido Vázquez. Axencia Europea do Espazo (ESAC). Madrid
“As bases da vida dende unha perspectiva astrobiolóxica”
Ester Lázaro Lázaro. Centro de Astrobiología (CAB), CSIC-INTA
Debate
“Exploración e observación espacial”
Presentación
Nereida Canosa Domínguez. Concelleira de Innovación, Mobilidade e Infraestruturas do Concello da Coruña
Marcos Pérez Maldonado. Director dos Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña)
Minia Manteiga Outeiro / Ana Ulla Miguel. Coordinadoras do curso
“O programa da ESA para a exploración do sistema solar”
Alejandro Cardesín Moinelo. Centro Europeo de Astronomía Espacial (ESAC). Presidente do Nodo Ibérico da Sociedad Europlanet
“O telescopio espacial James Webb: dous anos de descubrimentos”
Almudena Alonso Herrero. Centro de Astrobiología (CAB), CSIC-INTA. Coinvestigadora española do Consorcio Europeo do instrumento MIRI do telescopio espacial James Webb
“A exploración dos xigantes gasosos e as súas lúas xeadas”
Ricardo Hueso Alonso. Catedrático de Física Aplicada da Universidad del País Vasco
Debate e sesión de planetario