Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

“As oportunidades para a Investigación no programa Europe Next Generation”

9 Maio, 2022 @ 5:30 p.m. - 7:00 p.m.

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) vai celebrar o 9 de maio unha xornada semipresencial sobre “As oportunidades para a investigación no programa Europe Next Generation”. Terá lugar de xeito presencial no salón de actos do CiQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares) da Universidade de Santiago, a partir das 17:30 horas. Ademais, poderá seguirse a través da plataforma Zoom, previa inscrición.

Neste encontro participarán o subdirector de Proxectos Tractores do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), Santiago Álvarez; a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey; e a vicerreitora de Investigación da Universidade de Vigo, Belén Rubio. A continuación celebrarase un debate co público asistente, moderado polo presidente da Academia, Juan Lema.

Poboación destinataria: investigadores e investigadoras

Require inscrición previa (gratuita) na seguinte ligazón:
https://zoom.us/webinar/register/WN_f7_S0aKVRLmdkN0GkIngPg

Programa detallado

Presentación GAIN e IGAPE: As oportunidades para a investigación no programa Next Generation UE

Presentación UVigo: As oportunidades para a investigación no programa Europe Next Generation. A visión das universidades

 

Detalles

Data:
9 Maio, 2022
Hora:
5:30 p.m. - 7:00 p.m.
Categoría do Evento: