O académico numerario da sección de Ciencias Técnicas da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), director científico do CiTIUS e catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial na Universidade de Santiago de Compostela recibiu o xoves, 18 de novembro, nun acto en Madrid o galardón que recoñece a súa traxectoria investigadora na cerimonia de entrega dos Premios de Investigación Sociedade Científica Informática de España – Fundación BBVA 2020-2021.
Na súa alocución, Senén Barro tivo palabras de agradecemento á institución, así como a todas as persoas que o acompañaron durante a súa carreira: «son moitas, ao longo dunha vida dedicada á universidade, e en particular aquelas que o fixeron como parte do Grupo de Sistemas Intelixentes (GSI), que creei fai máis de tres décadas, e do que sinto un enorme orgullo; o grupo, os investigadores que o forman, son sen dúbida o meu mellor proxecto científico: un proxecto creado en e grazas a miña alma mater, a USC, que me deu todo o que son profesionalmente».