O segundo premio foi para Josefina González cunha imaxe da cotiza dun arce, e o terceiro posto par María Pilar Vázquez que presentou unha foto sobre a percepción da cor reflectida nunha flor
Os galardóns, convocados pola RAGC e as Facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Matemáticas e Química da USC, foron entregados o pasado luns nun acto na Facultade de Ciencias de Lugo
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e as Facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Matemáticas e Química da Universidade de Santiago de Compostela (USC) entregaron o pasado luns, 15 de novembro, os premios da VIII edición do concurso de fotografía “A Ciencia en Imaxe” 2021, nun acto celebrado no Salón de Actos da Facultade de Ciencias de Lugo o día da festividade de San Alberte Magno.
Primeiro premio de 300 euros. Fotografía “Luna a todo color” de Elena Mora Cuesta. “La luna no es blanca. Ni siquiera gris. Si nuestros ojos fueran capaces de apreciar todas las tonalidades de nuestro satélite, veríamos algo similar a esta imagen compuesta por varias fotos tomadas con un telescopio de aficionado” –apunta Elena Mora–..
Segundo premio de 100 euros. Fotografía “La mirada de la naturaleza” de Josefina González Campoy. “Fotografía de la corteza de un arce tomada en el Campus Vida (Santiago de Compostela), en noviembre 2021 con Nikon 510” –explica a autora–.
Terceiro premio de 100 euros. Fotografía “Outras luces, outras miradas” de María Pilar Vázquez Tato. A autora explica que os humanos e as abellas posuímos visión tricromática, pero a nosa visión baséase no azul, verde e vermello, mentres que as abellas presentan fotorreceptores sensibles ao azul, ao verde e á radiación UV, e por iso as abellas son cegas á cor vermella. Continúa destacando que a percepción da cor está estreitamente relacionada coa polinización, e moitas flores reflicten a luz ultravioleta, invisible ao ollo humano, pero é vista polas abellas en combinación coas demais cores reflectidas.
Na imaxe, María Pilar mostra unha superposición de dúas fotografías: na metade dereita, unha flor de acivro (Ilex aquifolium) tal e como a vemos nós; e na metade esquerda a mesma flor iluminada cunha fonte de luz UV de 365 nm. Nesta última, os pétalos son de cor violácea e o pole mostra fluorescencia destacando notoriamente do resto da flor. “Evidentemente a imaxe ultravioleta non representa con fidelidade o que percibe o ollo composto dunha abella, mais axuda a visualizar aspectos non perceptibles polo ollo humano, e que xogan un papel fundamental na relación insecto/flor” –considera–.