Convócase á comunidade iniversitaria da Universidade de Santiago (USC) a participar na oitava edición do Concurso de Fotografía “A Ciencia en Imaxe”, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e as Facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Matemáticas e Química da universidade compostelá, con motivo da celebración da festividade de San Alberte Magno o vindeiro 15 de novembro.
O concurso está aberto a calquera tema relacionado coas Ciencias, a Investigación e a Divulgación Científica. O prazo para inscribirse estenderase dende o 25 de outubro ata o día 5 de novembro de 2021.