Fiz Fernández Pérez
Profesor de Investigación do CSIC no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo
Profesor de Investigación do CSIC no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo. Especialista en Oceanografía Química, ciclo do carbono mariño e acidificación dos océanos. Director de 20 teses doutorais e autor de máis de 200 artigos científicos en revistas Internacionais e capítulos de libros. Investigador Principal de 28 Proxectos de Investigación Nacionais e Europeos. Líder científico en 5 campañas oceanográficas internacionais nos buques Hérsperides e Sarmiento de Gamboa, participando ademais, noutras 27 campañas no marco de programas internacionais WOCE, CLIVAR e actualmente en GOSHIP. Membro do Comité Asesor Científico para a xestión do desastre de PRESTIGE participando en dúas inmersións no batiscafo Nautile. Organizador do “XV Seminario Ibérico de Química Mariña” e coordinador da rede española CLIVAR. Investigador visitante en centros mariños de Inglaterra (Southampton), EEUU (Universidades de Princeton e Columbia, e MBARI-California), e colaboración continuada co IFREMER-Brest. Asesor científico do Global Carbon Project e no cumio da COP-X de UNFCCC en Buenos Aires.