O catedrático do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da Universidade de Santiago (USC) Antonio Rigueiro, foi galardoado co IV Premio Luís Porteiro Garea á promoción e uso da lingua galega na institución académica, un galardón que recolleu o xoves, 16 de setembro, na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo no marco dunha cerimonia presidida polo reitor da USC. Antonio Rigueiro declarou no acto de entrega da distinción: “O galego é a miña lingua materna, a natural dun neno da Galicia rural”. Desde a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) felicitamos ao noso compañeiro e académico da Sección de Ciencias Técnicas.
O académico Antonio Rigueiro recibe o Premio Luís Porteiro Garea pola súa contribución ao uso do galego no ámbito académico
by Eva Fernández | Set 17, 2021 | Noticias, Novas