El dia 1 de Junio próximo la Real Academia Galega de Ciencias celebra El Día de la Ciencia en Galicia, este año dedicado a Da. Ángeles Alvariño González, Bióloga – Oceanógrafa. Es la primera mujer que recibe este reconocimiento. El acto tendrá lugar a las 17.00 h en el Pazo de San Roque y será presidido por D. Alberto Núñez Feijóo, Presidente de la Xunta de Galicia.
Nace en Serantes (Ferrol) o 3 de Outubro de 1916. A súa formación básica inicíase en diversos colexios de Ferrol e continúa en Santiago de Compostela, en cuxa universidade realiza o Bacharelato Universitario en Ciencias e Letras, presentando en 1933 as disertacións “Insectos sociales” e “Las mujeres en el Quijote”, respectivamente.
En 1934 inicia os estudos de Ciencias Naturais na Universidade de Madrid, estudos que vense interrompidos pola Guerra Civil. En 1940 cásase co Capitán da Mariña de Guerra Española, D. Eugenio Leira Manso, Caballero de la Real y Militar Orden de San Hermenegildo, matrimonio do que en 1942 nacerá a súa filla Ángeles, que máis tarde habería de ser Arquitecta en Estados Unidos. Finalizada a Guerra Civil, continúa os seus estudos na Universidade de Madrid, na que realiza un Máster en Ciencias Naturais en 1941.
En 1951 obtén o Certificado de Doutorado en Psicoloxía Experimental, Química Analítica e Ecoloxía Vexetal.
En 1967 obtén o Doutorado en Ciencias pola Universidade de Madrid, coa tese “Los Quetognatos del Atlántico. Distribución y Notas Esenciales de Sistemática”. Entre 1941 e 1948 inicia a súa actividade laboral, dando clases de diversas materias en Colexios de Ferrol. A súa andaina como oceanógrafa iníciase coa súa incorporación, en 1950, ao Instituto Español de Oceanografía no Centro Costeiro de Vigo, onde se rexistran as súas primeiras publicacións.
Dende alí, en 1953, consegue unha axuda do British Council para desprazarse ao Laboratorio Mariño de Plymouth (Inglaterra), onde realiza investigacións sobre zooplancto baixo a dirección de Sir Frederick Russell. Alí iníciase Alvariño no estudo de varios grupos de predadores zooplanctónicos e no ictioplancto.
En 1956, financiada pola Comisión Fulbright, continúa a súa formación oceanográfica na Woods Hole Oceanographic Institution de Massachusetts, esta vez tutelada pola zooplanctóloga Dra. Mary Sears.
De 1958, por recomendación da Dra. Sears, incorpórase como investigadora ao Marine Life Research Group of Scripps Institution of Oceanography na Universidade de San Diego (California), onde permanece ata 1970, estudando miles de mostras planctónicas obtidas nos Océanos Atlántico, Pacífico e Índico e as repercusións no plancto, correntes e dinámica oceánica do gran “El Niño 1957-1959”.
Finalmente, en 1970, incorporouse ao prestixioso Instituto de Investigación, o National Oceanic and Atmospheric Administration, Fisheries Oceanigraphic Center, onde continuando co seu interese na sistemática dos depredadores de plancto, dedica esforzos á interpretación da abundancia, distribución e mortalidade do ictioplancto, colaborando cos Dres. Elbert Ahlstrom, Reuben Lasker e Longhurst.
Tras xubilarse pasou á categoría de Científica Emérita no 1987, e puido continuar coas súas investigacións. Tamén se interesou polas históricas expedicións científicas españolas, sobre as que publicou un libro (España e a primeira expedición científica oceánica, 1789-1794).
Falece en La Jolla (California) o 29 de Maio de 2005.
Oceanógrafa recoñecida internacionalmente, publica un centenar de traballos en revistas de prestixio e descobre 22 novas especies de zooplancto, dúas das cales levan o seu nome. É a primeira muller investigadora que participa nunha campaña oceanográfica nun barco británico. Un talento galego que, en tempos difíciles, soubo buscar un lugar na investigación oceanográfica mundial. Todo un exemplo de vocación e esforzo. O seu legado científico e persoal volveu a nosa terra, cedido ao Arquivo Municipal da Coruña. Foi distinguida coa Medalla de Prata de Galicia en 1993, a Universidade da Coruña dedicoulle a Semana da Ciencia en 2005 e o Concello de Ferrol rendeulle unha homenaxe no Campus de Esteiro en 2007. Por outra parte, o 24 de Febreiro de 2012, o IEO botou en Vigo un novo barco oceanográfico co nome Angeles Alvariño. A Real Academia Galega de Ciencias, a Comunidade científica e a Sociedade galega réndenlle tributo público como científica Galega do ano 2015.