O Dr. Xosé R. Bustelo, Académico correspondente da RAGC e Profesor de Investigación do CSIC, resultou gañador da IX edición do “Premio Internacional de Investigación Oncológica García Carregal” pola súa brillante carreira investigadora e académica, tanto en EEUU como en España, con líñas de investigación sólidas que deron lugar a avances importantes no campo das bases moleculares do cancro. O xurado salientou tamén a súa ampla experiencia xestora e a súa implicación en diversas actividades cooperativas no ámbito oncolóxico. O Prof. Bustelo é actualmente vicedirector do Centro de Investigación do Cancer en Salamanca, xefe de grupo do Centro de Investigación Biomédica en Rede de Cáncer (CIBERONC) e Presidente da Asociación Española de Investigación sobre o Cáncer (ASEICA).
Últimas Noticias
A exposición sobre o “Matemático Rodríguez” recala en Lalín, a súa vila natal
O primeiro premio do concurso “A Ciencia en Imaxe” foi para a fotografía dunha camelia mergullada na auga, da investigadora da USC Pilar Vázquez
A académica María Loureiro, Premio María Josefa Wonenburger
O ciclo Luis Asorey abordará a repercusión da alimentación e o medio ambiente na saúde
O Grupo Zendal recoñece a traxectoria da académica Marisol Soengas