Nun artigo publicado en La Voz de Galicia, Juan Lema avoga por un pacto da sociedade galega para que se aposte pola “ciencia, a tecnoloxía e a innovación”. De xeito particular, Lema destaca que compre superar a falla de recursos para a atracción de talento, que está a crear “un baleiro moi forte na nómina de investigadores xóvenes, que tivo como consecuencia unha moi notable desaceleración da actividade investigadora”.
O artigo complementase coa entrevista publicada por La Voz de Galicia uns días despois. Nela, Lema explica que o Pacto “consistiría nunha participación ampla da sociedade política, económica, sindicatos e outras representacións, para promover unha conciencia de país e a necesidade dunha política activa de apoio á ciencia e á tecnoloxía”.