Alicia Estévez Toranzo
Doutora en Bioloxía e Licenciada en Farmacia, es Catedrática de Microbioloxía na USC
Na USC dirixe o grupo de investigación en patoloxía en Acuicultura. Foi Directora do Dpto. de Microbioloxía e Parasitoloxía da USC e es coordinadora do Programa de Doutoramento en “Avances en Bioloxía Microbiana e Parasitaria”. É autora de máis de 300 artigos e capítulos de libros, es titular de 8 patentes de uso en Acuicultura, participou en 90 Proxectos de Investigación e Desenvolvemento tecnolóxico Nacionais, Europeos e Autonómicos e mantén unha continua colaboración de asesoramiento e prestación de servizos con compañías do sector produtivo e do sector farmacéutico-veterinario. Dirixiu 17 Teses Doutorais e foi invitada a impartir máis de 100 conferencias e cursos sobre Acuicultura e Microbioloxía ambiental en Congresos e Universidades ou centros de Investigación Nacionais e Internacionais. Premio Nacional “Jaime Ferrán” da Sociedade Española de Microbioloxía, “Título de Excelencia galega en Investigación” da AEGACA, Premio “Bióloga do Ano 2018” do COBGA, Premio “Maria Josefa Wonenburger Planells 2018” da Unidade de Muller e Ciencia da Xunta de Galicia” e Premio “Colexiada do Ano 2019” da Unión Profesional de Galicia. É Académica de Número da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e da Real Academia de Farmacia de Galicia e Vogal do Consello da Cultura Galega.