Esta semana celebráronse as Xornadas sobre TIC disruptivas, dentro do XXII Ciclo Avances en Ciencia e Tecnoloxía organizado pola Real Academia Galega de Ciencias, coa coordinación do académico José Juan Pazos na sede da Confederación de Empresarios de Galicia.
Criptografía cuántica, blockchain, humanidades dixitais, 5 G, Internet das cousas, robots cognitivos, biometría, foron algúns dos temas sobre os que versaron as interesantes conferencias.